Este ano entréganse por vez primeira os Premios Nacionais de Cultura, que ao igual ca noutros países recoñecerán o traballo e a traxectoria de creadores, profesionais e entidades galegas en dez categorías que abranguen todas as disciplinas artísticas, así coma outros labores de dinamización e difusión. A Consellaría de Cultura convidou máis de cinco mil asociacións e concellos de todo o país a ofreceren as súas propostas de candidatos. En Vieiros queremos que os nosos lectores teñan igualmente a posibilidade de realizar as súas suxestións, de expresar a súa opinión. Xa que logo, ti quen cres que merece os Premios Nacionais?
Para facer as túas propostas, debes estar rexistrado como usuario de Vieiros. Fai suxestións nunha categoría, en dúas, ou nas dez. E despois dálle a 'enviar'.