 
 
O contexto político actual, no marco histórico da celebración do Bicentenario de Independencia dos países hispanoamericanos, a debate.
No marco da undécima edición do Foro Iberoamericano, que anualmente se desenvolve en Baiona, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), organiza a conferencia O bicentenario, a integración e o Sucre, novos tempos para América Latina. 
  A palestra, este venres ás 20.00 horas, no edificio da Capitanía Marítima de Baiona, será ofrecida por Antonio Martínez Puñal, profesor titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC e membro do Consello Reitor do Igadi.   
  
Tratará o contexto político actual, no marco histórico da celebración do Bicentenario de Independencia dos países hispanoamericanos, así como os marcos alternativos de integración rexional, onde resalta a proposta dunha moeda común, o Sucre.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto