 
Os rapaces e rapazas de bacharelato participan, na fin de semana do 2 e 3 de xuño, neste programa, impulsado pola Consellería de Cultura e Deporte e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Xa está aberto o prazo para remitir as inscricións debidas para participar no programa Deporte na Escola, que este ano abre cunha programación especial baseada en actividades de natureza e aventura.
Hai máis de seiscentas prazas para os mozos e mozas de bacharelato que desexen acudir. Só é preciso remitir as inscricións aos Servizos Provinciais de Deportes antes da vindeira terza feira, 29 de maio.
 
 Este ano ofértanse actividades de sendeirismo, obradoiros de pesca, actividades subacuáticas, remo e piragüismo, orientación, descensos en canoa... entre outras. Os rapaces e rapazas interesados poden inscribirse de xeito individual ou en grupos.
 
 As actividades, que darán comezo a partir do día 2 de xuño, organizaranse por provincias e teñen por obxectivo implicar aos rapaces e rapazas de bacharelato nas opcións lúdicas e deportivas que ofrece a natureza, sobre os principios do desenvolvemento harmónico que aportan as actividades físico-deportivas. 
O obxectivo deste programa é, fundamentalmente, concienciar aos e ás escolares dos beneficios da actividade deportiva, difundir os valores de xogo limpo e procurar a convivencia e o traballo en equipo garantindo a igualdade de oportunidades entre rapaces e rapazas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto